Volver a Vieiros

Culebras

Enviado por besbe o día 17.02.2008

Encantador. Hipnotízame coma unha boa bisbeándome que hoxe non vou ir soa para cama. Mergullada nas sabas, nos seus ollos, bailo facéndolle coa lingua un traxe. Duro comigo e con lingua bífida, introdúcese reptilmente, viscoso e fluído. O meu corpo ofidio, sinuoso e curvado pelexa contra el, ata que me abate e me fai zugar o veleno que derrama no meu ventre, no meu rostro, e morro en convulsións de vermello intenso mesturadas con suor.

  • 2,41 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2,41/5 (22 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede